Un anaco da nosa historia ...
Fai mais de 25 anos que unha ilusión converteuse nunha idea e desa idea agromou un proxecto no que comenzamos a camiñar paseniño pero con firmeza e, sobre todo, con moitas ganas. Queríamos que a as flores formaran parte da nosa vida, que foran o noso medio de vida, e a millor maneira de facelo era estar preparados.
Estudamos a técnica nas mellores escolas de Arte floral e con mestres internacionais, especializámonos con cursos de temática monográfica (ramos de noiva, grandes espazos, nadal, secos, ....) e con obradoiros complementarios de cestería, pintura, deseño, escaparatismo, fotografía, etc. para que os nosos clientes disfrutaran de composicións innovadoras e exclusivas con técnicas de vangarda.
Todo eso dou como resultado un curriculum no que destacan varios premios a nivel nacional, colaboración en revistas especializadas do sector, impartición de talleres, cursos e demostracións para profesionais e afeccionados e contar cunha carteira de clientes na que hai dende institucións oficiais, grandes hoteis, restaurantes e adegas até unha gran cantidade de persoas (a maioría xa amigos) que levan confiando en nós dende o comezo.
é ...
.... arte
.... innovación
.... deseño
.... servizo
.
A dedicación ao cliente é a nosa máxima. Estamos para axudarte, informarte e asesorarte no que precises.